QUINTO

Os nenos e nenas de quinto de Primaria traballaron no tema:

FISICA DA LUZ 
CARACTERISTICAS. LONXITUDE DE ONDA.UNHA PROPIEDADE: A DISPERSION.CONCEPTO DE COR. ESPECTRO VISIBLE. PROPIEDADES DAS CORES. CLASES DE RADIACION

Este tema estaba vencellado co mais experiencial "Os disfraces da luz" que levaron adiante os nenos de 3 anos.

Estes son os detalles do mural  de fin de traballo presentado e que loce no descansiño das escaleiras estreitas preto da súa aula.








Ao longo da súa investigación compartiron unha sesión de experimentos sobre a luz cos compañeiros de 6º de Primaria

... descubrimos cousas moi interesantes sobre a reflexión e a refracción da luz. Culleres a través de diferentes medios e densidades, moedas que desaparecen polo efecto óptico, espellos planos, cóncavos e convexos..
Imaxes invertidas coas culleres, a propagación da luz en liña recta a través dunha lata cunha vela.
Frechas que cambian de dirección  e para rematar o traballo en grupo elaboramos cuns cds o "disco de Newton" coas cores do arco da vella, para facer xiralos rápidamente e descubrir a luz branca produto da mestura de todas as cores.
E aínda non rematou todo o que imos facer!

Ningún comentario:

Publicar un comentario