PRIMEIRO B

Os nenos e nenas de 1ºB traballaron no tema:

A LUZ NA CIRCULACIÓN VIAL
TIPOS DE LUCES NOS VIAIS. CÓDIGOS
LUMÍNICOS. AS LUCES NOS COCHES. EDUCACIÓN VIAL

Fixeron o seu mural  de fin de traballo en plastilina. Dividírono en 4 partes: Vehículos especiais, barcos, avións e a cidade.
 







Dentro da metodoloxía de proxectos traballaron: (libreta individual)

"A luz e o universo"

"A luz e as plantas"

"A luz artificial e natural"

"A luz e os vehículos"

Fixeron os seguintes experimentos:

O espello e a auga

Cromatografía



A plantar: proceso de xerminación con luz e sen luz 






Sal, sustancia higroscópica





Aquí deixámosvos un pequeno resume do proceso que seguiron:



Como bos seguidores do método científico cada neno e nena fixo unha avaliación do seu traballo. Non se trata só de experimentar, senón tamén de anotar as observacións e reflexionar sobre o feito. Así contoullo o Dr Malapata na súa carta.



Dentro da metodoloxía de aprender a pensar traballaron o conto "De que cor es ti?"Que cor son e por que?

En canto aos itinerarios literarios os nenos de 1ºb traballaron: 
" A miña amiga á escuridade" de ella burfoot baia edicions intentando resolver as preguntas Que é a luz? E a escuridade?




"O arco da vella" Xoan babarro  edit Combel  Que necesitamos para facer un arco da vella?Cal son as súas cores?



Relacionaron esta lectura co experimento "O espello e a auga"


"Quen levou a lúa?" edit Oqo .Relacionado co tema "Luz e universo"






Ningún comentario:

Publicar un comentario