Cada aula elaborou con toda a información recollida un mural conceptual que colocou preto o mais posible da súa aula para compartir o seu tarballo cos compañeiros. Unicamente os nenos e nenas de 1ºb fixeron o seu mural en plastilina. Daquela pode lucir na entrada do cole canda os murais fotográficos da luz.
luns, 22 de xuño de 2015
FILIBERTO
Dentro do obradoiro de sombras o libro viaxeiro Filiberto e o xastre de sombras foi o conto compartido por todo o cole co que nos achegamos ás particularidades da sombra. Nun enlace lateral podedes ver o que fixemos no caderno viaxeiro
LIBROS DISTINTOS
Metalmoucho pediu e os pais e nais do cole enseguidiña mandaron os libros que tiña na casa para desfrute na biblioteca. Aí estiveron durante todo o mes de maio e moitos fomos os que pasamos a ler e traballar con "libros distintos".
XOVES CON LUZ TERCEIRO TRIMESTRE
No 3º trimestre estes foron os contos que se contaron na biblioteca os xoves arredor do tema da PDI
La nave de lucas
Las tijeras de Matisse
Como Maui capturou o sol
La nave de lucas
Las tijeras de Matisse
Como Maui capturou o sol
xoves, 18 de xuño de 2015
LUMIIDEAS NO TERCEIRO TRIMESTRE
EN ABRIL E EN XUÑO PROPOSTAS PARA OS PAIS:
MAIO LETRUCHA: ENQUISA AVALIACIÓN ALUMNADO "AS TÚAS SUXERENCIAS SAEN Á LUZ"
METALMOUCHO EXPOSICIÓN "LIBROS DISTINTOS"
XUNIÑO MURAIS "A LUZ DAS FAMILIAS. FOTOGRAFÍA"
MAIO LETRUCHA: ENQUISA AVALIACIÓN ALUMNADO "AS TÚAS SUXERENCIAS SAEN Á LUZ"
mércores, 17 de xuño de 2015
SEMANA DA PRENSA CON LUZ
Entre os días 11 e 14 de marzo o mural da semana da prensa arredor da luz foi o que deu contido ao traballo das aulas referido tanto a prensa en papel como dixital.
Semana da prensa
Semana da prensa
ROSALIA E A LUZ
O día de Rosalía tivemos dúas sorpresas...o libro que nos regalou Johnbook e o recital organizado polos nenos de 1ºA. O poema escollido...Alborada! Cadráballes moi ben no seu traballo arredor da luz.
Védelo aquí
Védelo aquí
O ENTROIDO
Lucerín gobernou no noso entroido. Desta vez non se trataba dunha das mascotas da biblioteca senon do meco que entronizamos para a festa.
Primeiro a semana da troula con motivos de luz.
Despois o defile tradicional; cada clase botou a voa a imaxinación e alumeou o patio cos seus deseños.
LUCERIN
Semana da troula e fotos do entroido
Primeiro a semana da troula con motivos de luz.
Despois o defile tradicional; cada clase botou a voa a imaxinación e alumeou o patio cos seus deseños.
LUCERIN
Semana da troula e fotos do entroido
DE MALALA ÁS MULLERES TRABALLADORAS
A muller centrou moitas das pescudas deste curso.
Na fin de Xaneiro Malala Yousafai foi a protagonista sobre a que os nenos e nenas de distintos cursos recabaron información.
No mes de marzo tocoulle o turno a diferentes mulleres traballadoras que destacaron en Galicia. Grazas ao traballo dos maiores do cole todos puidemos saber delas.
Na fin de Xaneiro Malala Yousafai foi a protagonista sobre a que os nenos e nenas de distintos cursos recabaron información.
No mes de marzo tocoulle o turno a diferentes mulleres traballadoras que destacaron en Galicia. Grazas ao traballo dos maiores do cole todos puidemos saber delas.
LUMIIDEAS NO SEGUNDO TRIMESTRE
EN XANEIRO COPO "LUCES PARA APRENDER"
O mural da paz e os lemas
EN FEBREIRO JOHNBOOK "LÉ COMA MIN"
EN MARZO COLORIN "VERSOS QUE SAEN Á LUZ" A PARTIR DUNHA NOVA DA PRENSA
domingo, 14 de xuño de 2015
NO PRIMEIRO TRIMESTRE : XOVES CON LUZ
A biblioteca no primeiro trimestre programou varias lecturas con luz nos "Xoves de lecturas". Estes foron os contos que os nenos de 4º e 6º foron lendo aos seus compañeiros:
A miña amiga a escuridade
As lentes de ver
Quen levou a lúa
A noite das mudanzas
A miña amiga a escuridade
As lentes de ver
Quen levou a lúa
A noite das mudanzas
LUMIIDEAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE
AS LUMIIDEAS QUE TIVERON ALGO QUE VER COA LUZ FORON AS DO MES DE OUTUBRO E MAILO MES DE DECEMBRO.
EN OUTUBRO MOUCHOLIBRO:
EN OUTUBRO MOUCHOLIBRO:
"DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO"
Na lista de palabras había algunhas relacionadas coa luz, dando contido a un dos obradoiros propostos no proxecto "A luz e as palabras". Os nenos compuxeron estupendos relatos que se reuniron nunha carpeta especial que quedou na biblioteca durante todo o curso para a súa lectura polos compañeiros. Abofé que foron moitos os nenos e as aulas que se entretiveron lendo as nosas ocorrencias.
NO NADAL LIBROUCHO: "CONTAME UN CADRO"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)