luns, 22 de xuño de 2015

OS MURAIS DA LUZ. TRABALLO FINAL DO PROXECTO DOCUMENTAL

Cada aula elaborou con toda  a información recollida un mural conceptual que colocou preto  o mais posible da súa aula para compartir o seu tarballo cos compañeiros. Unicamente os nenos e nenas de 1ºb fixeron o seu mural en plastilina. Daquela pode lucir na entrada do cole canda os murais fotográficos da luz.




FILIBERTO

Dentro do obradoiro de sombras o libro viaxeiro Filiberto e o xastre de sombras foi o conto compartido por todo o cole co que nos achegamos ás particularidades da sombra. Nun enlace lateral podedes ver o que fixemos no caderno viaxeiro

O TEATRO DA LUZ

SOMBRAS GRISELA
SOMBRAS MONSTRUO

CONTAMOS MOITO CON LUZ

CONTAMOS MOITO

A EXPOSICIÓN DE FOTOS E COLLAGES

FOTOS

LIBROS DISTINTOS

Metalmoucho pediu e os pais e nais do cole enseguidiña mandaron os libros que tiña na casa para desfrute na biblioteca. Aí estiveron durante todo o mes de maio e moitos fomos os que pasamos a ler e traballar con "libros distintos".

XOVES CON LUZ TERCEIRO TRIMESTRE

No 3º trimestre estes foron os contos que se contaron na biblioteca os xoves arredor do tema da PDI

La nave de lucas

Las tijeras de Matisse

Como Maui capturou o sol

xoves, 18 de xuño de 2015

LUMIIDEAS NO TERCEIRO TRIMESTRE

EN ABRIL E EN XUÑO PROPOSTAS PARA OS PAIS:
METALMOUCHO EXPOSICIÓN "LIBROS DISTINTOS"
XUNIÑO MURAIS "A LUZ DAS FAMILIAS. FOTOGRAFÍA"



MAIO LETRUCHA: ENQUISA AVALIACIÓN ALUMNADO "AS TÚAS SUXERENCIAS SAEN Á LUZ"








mércores, 17 de xuño de 2015

SEMANA DA PRENSA CON LUZ

Entre os días 11 e 14 de marzo o mural da semana da prensa arredor da luz foi o que deu contido ao traballo das aulas referido  tanto a prensa en papel como dixital.
Semana da prensa

ROSALIA E A LUZ

O día de Rosalía tivemos dúas sorpresas...o libro que nos regalou Johnbook  e o recital organizado polos nenos de 1ºA. O poema escollido...Alborada! Cadráballes moi ben no seu traballo arredor da luz.
Védelo aquí